Bővebb ismertető
IMRE MADÁCHImre Madách1 naceu en 20 de xaneiro de 1823 na localidade Alsó-sztregova2 no norte de Hungría (dende 1920 en Eslovaquia), nunha antiga família da nobreza. Poéta e autor dramático, dende 1863 foi membro correspondente da Academia Húngara. Ó lado de József3 Katona é o máis grandé dramaturgo húngaro do século XIX.Dende 1837 seguiu estudios de letras e logo a carreira de dereito na Universidade de Pest, cando Pest e Buda eran aínda dúas cidades separadas (a unificación tería lugar en 1873), e sendo estudiante pub-licou, á idade de dezasete anos, o primeiro volume da súa poesía. Rematados os estudios de avogacía en 1842, instalouse na comarca natal, Nógrád, para exercer como vicenotario (1843), xuíz (1844) e comisario xerai da xurisdicción (1846-49). En 1845 casou con Erzsébet Fráter. Participou activamente na revolución húngara contra os Habsburgo. Trala caída da revolución foi condenado e sufriu un ano de prisión. En 1854 divorciouse.A súa creación principal é o poéma dramático titulado A traxedia do home, escrito entre 1859 e 1860. Nesta obra, alén de exponer ale-goricamente as reflexións sobre o seu tráxico destino persoal, busca así mesmo unha explicación para o destino do seu país e da humanida-de. Adán e Eva, como símbolos da condición humana, aparecen baixo diversas formás en distintas épocas históricas, desde o antigo Exipto ata o Londres capitalista ou, nunha prospección cara ó futuro no cadro décimo cuarto, nunha época posterior á decadencia da humanidade. Desde xeito, esta obra monumental constitúe unha tentativa de exponer simbolicamente toda a história universal.Imre Madách morreu en 5 de outubro de 1864, ós corenta e un anos de idade, na mesma localidade que o vira nacer.lOch equivale ó ch galego.20 s equivale ó x galego (como en xaneiro), en tanto que o sz equivale ó s do galego.30 zs equivale ó j do portugués (como en jogar).